Ir al contenido principal

Consellos para pais e nais

Os celos
Os celos son unha manifestación normal pola que pasan os nenos-as que teñen irmáns, pois os rapaces loxicamente sempre queren ter a máxima atención do seus pais. Non son motivo de preocupación, pero sempre será mellor prevenir e axudar ao neno-a a asumir a chegada dun novo membro na familia, fomentando a autoestima e facéndoo partícipe de todo o relacionado co novo irmán ou irmá.
Aínda cos celos poden darse entre irmáns a calquera idade (en ocasións pode ser do irmán menor cara o maior polos privilexios que este pode ter) a idade máis conflitiva sole ser entre os tres e os seis anos.
Os síntomas máis evidentes poden ser moitos: Dolores de tripa, falta de apetito, insomnio, desobediencia, choros por calquera cousa, actitudes regresivas (volver a facerse pis na cama, falar de forma moi infantil...)

Consellos para superar os celos
É moi importante ante todo e como paso previo, falar co fillo-a, explicándolle que vai vir un novo neno e que hai que coidalo, pero sen agonialo coa responsabilidade.

A modo de orientacións podemos seguir as seguintes pautas:
- Procuraremos que vaia coñecendo os cambios nas rutinas que suporán a chegada do novo irmán. (aínda que trataremos no posible de non alterar en exceso a súa propia rutina)
- Nunca debemos comparar o comportamento ou a actitude do neno coa do seu irmán pois é a mellor maneira de potenciar o rechazo e a carencia de autoestima.
- Escoitar ao neno-a pero ignorar as condutas inadecuadas mellor que rifarlle a miúdo.
- Reforzar as condutas positivas mostrándolle máis atención cada vez que actúe positivamente.
- Darlle responsabilidades axeitadas a súa idade no coidado do seu irmán.
- En caso de regresións (chupete, facerse pis na cama...) aceptalas sen avergonzalo.
- Dedicarlle algúns momento só para el
- Cando o neno-a pequeno moleste ou lle rompa algo non desculpalo por ser pequeno.

Cando deixan de ser normais os celos?
Aínda que excepcionalmente, hai casos nos que os nenos e os pais necesitan a axuda dun profesional para superar os celos. Cando o neno sempre fala mal do seu irmán, cando se mostra agresivo física ou sicolóxicamente, cando nunca se quere involucrar no coidado do irmán... e cando estas actitudes se manteñen de xeito permanente, o mellor e recorrer a axuda dun psicólogo. No obstante non hai que alarmarse por encontrarnos ao principio con algunha destas actitudes. Os celos forman parte na formación das persoas e axudan a súa maduración cando se superan con normalidade.


A DESOBEDIENCIA
Todos os nenos-as pasan por temporadas nas que se mostran máis ou menos desobedientes e con actitudes de enfrontamento cos adultos. É normal, pois forma parte do seu desenrolo. É unha forma de expresar a súa individualidade e de descubrir as regras que terán que seguir na súa vida. Ademais neste “tira e afloxa” co adulto, o neno-a aprende a exercer o seu autocontrol.
A obediencia se aprende e ademais é como xa se dixo,
é fundamental para o equilibrio psicolóxico dos menores.
Cando a desobediencia se presenta como unha actitude permanente do neno-a, entón encontrámonos diante dun problema que hai que tratar. Como? empezando por analizar as posibles causas que levaron a ese comportamento:
- Pais que mantiveron unha postura excesivamente ríxida ou pola contra demasiado permisiva e non son capaces máis tarde de impoñela súa autoridade.
- Conflitos entre os pais. Para algúns nenos a agresividade e o comportamento desobediente é a resposta á violencia que ven na súa familia.
- Problemas escolares, amistades conflitivas, nacemento dun novo irmán...etc

Que podemos facer?
Canto máis tempo deixemos pasar sen corrixir esta actitude máis difícil será logo emendala. Ante todo, e como calquera aspecto da educación dos fillos, é esencial o acordo da parella na aplicación das decisións.
Hai que seguir un mesmo criterio por parte da nai e do pai ou tódolos esforzos serán inútiles.

Debemos manternos firmes nas consecuencias da desobediencia. Se impoñemos unha tarefa ou un castigo debemos pensar, primeiro que sexa loxicamente proporcional á idade e segundo se seremos capaces de mantelo mentres non cambie de actitude, pois do contrario ó ceder diante dun varrinche, uns gritos ou unha negativa, a autoridade dos pais deixa de ser un referente para os rapaces que deste xeito convértense en manipuladores dos seus proxenitores.
É fundamental potencialas palabras positivas, especialmente cando cumpra as normas. Moitos nenos desobedientes teñen un problema de autoestima que os leva a unha espiral de desobediencia por falta de afectividade. Nestes casos o comportamento é unha forma de reclamar a atención do seus pais.
En ningún momento debemos mostrar unha actitude violenta. Diante da desobediencia hai que tomar una postura serea, sen perder os nervios e coherente entre os pais.
Cando sexa obediente e respectuoso farémosllo notar pero non debemos caer no erro de que esta actitude require un regalo porque fomentaríamos a hipocrisía do que actúa por un premio.

Moitos pais teñen medo de perder o afecto do seus fillos por impoñer a súa autoridade, sen embargo a falta de obediencia leva á falta de respecto e a falta de respecto leva á falta de cariño e á indiferenza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.