Ir al contenido principal

Actuación do grupo de teatro Migallas

Hoxe, 24 de Outubro, día das bibliotecas tivo lugar a actuación do grupo teatral Migallas.




A obra representada foi :




Sinopse:
"Un avó especial" é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.
Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.




A representación foi seguida moi atentamente polo alumnado do colexio

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.