Ir al contenido principal

Tempo de Outono

Está caendo a folla i en min nace primaveira

Quen entenderá este mar vello?
Como digo onte sendo hoxe?
Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!
Como reino nas migallas onde medrei un bon día!
Como piso forte sendo branda?
Como digo si si o non está escoitando?
Quen entenderá este mar vello?
Medro, medro e non sei onde parar.
Presa xa e ceguiña no cume
lévame,
lévame ó chan a verba.

Queda hoxe o chan soio
muxindo a pegada do tempo.
Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña,
fariña que non fai masa.
Rebélanse as ondas ós mares,
os ríos afogan a pradeira seca,
os camiños non se atopan.
Quen entenderá este mar vello?
É outono i en min nace primaveira.
Quen o entenderá?


MARIA MARIÑO
(1907 - 1967)

Comentarios

  1. Para mí, la época del año con imágenes más bellas...

    ResponderEliminar
  2. ¡Bonito montaxe!.O máis increible é que sabemos que as fotos son sacadas por profes de Reibón.¡Xa nos prestaredes algunha!

    ResponderEliminar
  3. Gracias. Estamos de acordo en que é a estación máis bonita do ano, sempre ten uns colores impresionantes. Contamos no colexio cun extraordinario fotógrafo, Manuel Méndez, tamén coñecido porque era o presidente da Plataforma Antipeaxe no momento da supresión da peaxe de Rande.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.