Ir al contenido principal

Pola paz

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.