Ir al contenido principal

RODANDO, RODANDO, RODORÍN


Como chegan os titiriteiros, seguindo o rumbo dos seus pés, chegou Rodorín á nosa Escola. Debía ser que traía calcetíns de la salvaxe porque en lugar de ir a Pontevedra, que era onde tiña unha cita co Salón do Libro Infantil, os pasos torcidos trouxérono a Reibón. Como algúns coñeciamos o seu magnífico traballo de titiriteiro-contador-recitador-animador (Ufff, case me quedo sen respiración!) en gran cantidade de Escolas de Verán, Salóns e Feiras do Libro e Festivais tanto en España como noutros países, non lle permitimos que marchase e encerrámolo na biblioteca para que nos contase algunhas das marabillosas historias que tan ben coñece. Historias de lugares onde todo era de papel, de campaíñas convertidas en ratiñas presumidas e cascabeis que eran galos cantareiros; de granxeiros que poñían en orde todos os animais da súa granxa, etc.

5º, 6º de infantil e 1º de primaria tivemos a sorte de disfrutar coa presenza deste extraordinario animador, unha sorte.

Participa e cóntanos cal foi a historia que máis che gustou. Lémbrala? Escríbenos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.