Ir al contenido principal

Tempo de ler



O TEMPO DE LER
Dende o venres pasado, día 8 de febreiro, estamos poñendo en marcha no colexio unha nova experiencia, consistente en dedicar 15 minutos tódolos venres antes do recreo á lectura.


É TEMPO DE LER
Pensamos que todo o tempo que destinemos a lectura vai influir moi positivamente na formación dos vosos fillos e fillas..
Trátase dunha experiencia que se ten posto en práctica noutros centros con moi bó resultado.
Este tempo é complementario coa lectura que se fai normalmente nas clases e na bilbioteca
Durante este tempo todo o cole estará lendo ( os profes tamén), en silencio, e disfrutando da lectura que máis lle guste a cada un. Os nenos e nenas poden escoller libros da biblioteca de aula ou do centro, ou traer dos que teñen na casa.
Pedimos a vosa colaboración, facilitándolles aos vosos fillos e fillas a adquisición de libros, e unha actitude positiva para a lectura en xeral e para esta actividade en concreto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.