Ir al contenido principal

O SAMAÍN


Contrariamente ao que moitos pensan, a festa do SAMAÍN, máis coñecida polo nome estadounidense de Halloween, naceu en Europa e foi levada a América polos emigrantes irlandeses nos séculos XIX e XX. Esta festa celebrábase tamén en Galicia colocando nas encrucilladas dos camiños cabazas con velas acendidas no seu interior. Este costume extendeuse por Europa a medida que os celtas ían chegando a novas terras. Para eles o Samaín era o inicio da estación invernal e o comezo dun ano novo. A palabra procede da unión de SAM- (que significa verán) e FUIN (que significa final)
Ese día, a porta do outro mundo abríase e éralles permitido aos mortos camiñar por este mundo. Para afastar dos castros as ánimas, colocaban as caveiras iluminadas dos inimigos mortos nas batallas. De aí pasou a que posteriormente se colocasen cabazas con candeas no interior.
No ano 609, o papa Bonifacio IV instaurou a festa de todos os santos o 1 de novembro e arredor do ano 1000 decidiuse celebrar o 2 de novembro a festa de difuntos.

Como chegou o Samaín a ser Halloween?
O día 31 de outubro era All Hallows Eve, que daría lugar ao Halloween actual.

Para saber máis podes consultar Vieiros da escola.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.