Ir al contenido principal

Parabéns Marcos Calveiro

O carteiro de Bagdad, a última obra infantil de Marcos Calveiro, que xa leva tempo na nosa biblioteca.

A Reibonteca quere enviarlle os seus parabéns a Marcos Calveiro por ter acadado o Premio Lazarillo 2009 de literatura infantil en competencia con outras 150 obras escritas en castelán, galego, eúscaro e catalán.

Este escritor é autor dunha obra que recomendamos aos lectores expertos titulada O carteiro de Bagdad coa que acadou no seu momento o Premio Aladelta de literatura infantil e xuvenil.


Marcos Calveiro forma parte da fornada de novos autores
de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores.


Para os maiores que queiran coñecer a súa obra, podemos recomendarvos a lectura de Festina lente, unha novela histórica publicada por edicións Xerais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.