Ir al contenido principal

Que é un terremoto?

Explicar como se produce un terremoto é difícil, pero na Reibonteca imos intentalo.
O primeiro que debes saber é que a terra non é unha única masa sólida. Está formada por varias placas. Olla este mapa. Cada trozo de mapa é unha "illa de terra"


Estas illas reciben o nome de placas tectónicas. Estas placas únense, separánse, rózanse e son estes movementos os que poden producir os terremotos.

Fonte: Jose F. Vigil.

Aquí podes taopar unha explicación moi sinxela do que é un terremoto.
Pero si con isto non che chega, neste enlace tes unha explicación máis profunda e cunha serie de datos que che poden interesar.

Tamén podes botarlle un ollo a esta animación.


Sabías que se pode medir a intensidade dos terremotos?
Pois si, hai dúas medidas ou escalar para determinar a potencia dun terremoto. A máis usada é a de Richter. Clica neste enlace e poderás ver como se mide nesta escala a intensidade dos terremotos.

Fonte: Kalipedia
Como terás visto e lido estes días nos xornais, en Haití produciu unha gran devastación coa perda dunha gran cantidade de vidas, algo máis de 150.000, segundo os cálculos do goberno haitiano. Pero ao longo da historia houbo terremotos destructivos e mortíferos. Estes foron algúns dos que coñecemos datos (clic aquí).

LIBROS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA SOBRE OS TERREMOTOS:
  • Terremotos y volcanes. Imelda e Robert Updegraff - Editorial Teide
  • Dentro de la tierra - Varios autores - Editex
  • Volcanes y terremotos - Col. In Siders - Edit. Larousse (Proximamente en préstamo)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.