CEIP Reibón (Moaña)

22/1/10

Solidari@s con Haití



Estimados pais e nais:
O próximo venres 29 de xaneiro celebraremos o Día da Paz. Sempre realizamos actos simbólicos para que os nenos entendan a importancia de conceptos como a solidariedade, a xustiza ou a cooperación entre as xentes e os pobos. Pero a traxedia de Haití fíxonos considerar as actividades deste ano. Pensamos en celebrar un acto solidario coa
s vítimas do terremoto. Para isto, enviamos un sobre no que, de xeito
voluntario, meterán a doazón que consideren oportuna.
Sería interesante que cada neno ou nena fose consciente da doazón que fai poñendo unha parte da súa paga, destinando os cartos que lle custaría unhas chuches, etc. O noso obxectivo é que esa pequena aportación sexa a súa aportación para axudas a outras persoas nun momento tan grave coma este.
  • Este sobre entregarase, sen ningún tipo de nome, aos titores entre o luns 25 e o xoves 28.
  • O colexio garantizará en todo momento o anonimato das doazóns.
Toda a recadación doarase a “Médicos sin Fronteras”, unha das ONGs que están traballando na quel país, nun acto simbólico no noso centro, no que se fará entrega da mesma a un representante desta organización.

Agradecemos a vosa colaboración.



CELSO EMILIO FERREIRO
IRMÁNS("Longa noite de pedra", 1962)
Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.

2 comentarios:

  1. Fermosa iniciativa. Parabéns

    ResponderEliminar
  2. Vimos o teu comentario o outro día, é o pouco que podemos facer.

    ResponderEliminar

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com