Ir al contenido principal

Obradoiro de escrita




Desde o Equipo de bibliteca consideramos importante propiciar experiencias que impulsen ao alumnado a experimentar as técnicas que os escritores utilizan para escribir as súas historias.
Haberá alguén que non descubriu a súa faceta oculta como escritor/a? Para atopala, realizamos un obradoiro de escrita co patrocinio de Kalandraka Editora e baixo a dirección de Warren, ex-alumno, músico, actor e quen sabe cantas cousas máis.


Este ano foi o alumnado de 5º o afortunado. A partir das cartas da baralla idearon unhas estupendas historias que agardamos publicar para que todo o mundo poida disfrutalas na biblioteca escolar e a través do blog da Reibonteca.
Aquí deixou Rufina unhas cantas fotos para que comprobedes o ambiente de traballo que había.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Proxecto arte

Desde a biblioteca queremos propoñervos que descubrades artistas. Cada semana imos propoñervos un para que descubrades a súa obra.
Que vos parece se comezamos pola fotografía?
Joan Fontcuberta, un fotógrafo que explora os límites entre a verdade e amentira.