Ir al contenido principal

Os nenos de infantil escribíronlle a Rufina

Recordades que hai un tempo os nenos e nenas da profesora Ana escribíronlle unha carta a Rufina? A pobre andaba cun pouco de catarro, como o inverno veu con tanta auga e a calefacción do colexio anda así, así (a caldeira está velliña), colleu un resfriado e non estaba para contestarlles.

Despois de recuperarse e ler a carta tan bonita que lle escribiron, foi á librería a buscar os contos de princesas que lles pediron e que a profe Natalia lles vai ler.


O outro día recibiron moi contentos a resposta de Rufina. Dicía que lle costara moito traballo atopar contos de princesas, pero que podían ver no paquete os que mercara.

Para despedirse, Rufina deixounos bicos grandes coma nubes e bicas doce coma o chocolate para todos.

Ao abrir o paquete había dous contos titulados "El pequeño rey de las flores" e "A princesa do Courel".

O malo foi que había tantos nervios que mesmo desapareceu un libro e non atopabamos por ningún lado, sorte que a profesora Asun díxonos onde o deixara unha nena despistada, que se non... ao mellor nos quedabamos sen conto.

Para cando haxa máis calma, Rufina vailles recomendar que lean un conto novo que sabe que lles vai gustar a todos os nenos e nenas de infantil. Ademais os nenos da profe Pili xa o coñecen porque xa llelo leron o outro día e titúlase "En busca del... MUA". O título non é exactamente así, pero se llo preguntades aos nenos da profe Marta volo poden dicir. Rufina coñeceuno grazas á tía de Carla, unha nena de 3ºB, que gusta moito dos libros.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Proxecto arte

Desde a biblioteca queremos propoñervos que descubrades artistas. Cada semana imos propoñervos un para que descubrades a súa obra.
Que vos parece se comezamos pola fotografía?
Joan Fontcuberta, un fotógrafo que explora os límites entre a verdade e amentira.