Ir al contenido principal

Aquí está Rufina de volta

Este verán paseino moi ben. Non saín da praia da Xunqueira. A de xente que por alí había... Tanta que un día tiven que marchar para a praia d'O Con, que estaba igual de chea.
Pero agora xa estamos de volta no cole. Xa vos digo que este ano vou operarme, que teño un brazo un pouco escangallado e vou aproveitar o outono para mudar a roupa. A moda cambia tanto que parezo non sei o que con ese xersei vermello e esa saia verde.

Pero para empezar xa vos traio libros novos. QUE BEN!!!

UNA NUBE EN MI CAMA - Heinz Janisch - Lóguez

Imaxina que un día espertas e atopas unha nube ao teu lado, que a Vía Láctea pinga na túa boca, que te sentas a carón dun gorila ou que vas invitado á casa dun caracol...



TERRIBLE - Alain Serres e Bruno Heitz - Edit. Libros del zorro rojo.

Terrible pasa a vida asustando a todo o mundo, aos demais lobos, aos monstros da escuridade. Pero a filla ten unha idea que desvelará un secreto que cambia a vida de Terrible.




CONSTRUTORES - Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández - Faktoría K de libros.
Como constrúen as súas casas unha serie de animais. Casa feitas con habilidade, curiosas e sorprendentes. Un libro para descubrir cousas que seguramente non coñeces nin imaxinas.





LA CASA - Roberto Innocenti e textos de Patrick Lewis - Kalandraka.

A través deste libro podemos seguir a historia de Europa. O mesmo lugar durante a época en que agricultura era a forma de vida dos europeos, as sucesivas guerras mundiais, a revolución de 1968 e o tempo actual. Unha divertida lección de historia a través dun fermoso libro de imaxes.


EL LIBRO DE LAS TIERRAS IMAGINADAS - Guillaume Dupreu - Editorial Oniro

Nunha época os seres humanos imaxinaron que a terra era plana, despois demostrouse que era esférica. Hai culturas que imaxinan que a terra está sostida por unha tartaruga ou unha serpe. Este libro trata de como se imaxinaron os seres humanos que era a Terra en diferentes épocas e lugares.

 
HIPÓLITO Y SERAFIN - Nahir Gutiérrez - Thule

Hipólito é un hipopótamo que vive feliz na súa lagoa, ata que chegan os mosquitos que non fan máis que molestalo. Daquela aparece Serafín, un paxaro ao que lle encantan os mosquitos.




EL POLLO DESPLUMADO - Chen Chih Yuan - Thule ediciones

Un día un ovo fende e sae un pito sen plumas e que se acatarra cun pouquiño de aire que pase. Un día atopa a outros catro pitos que non queren saber nada del porque non ten plumas.




MI PEQUEÑO MUSEO DE BELLAS ARTES - Rosie Dickins - Usborne

Descubre os cadros dos pintores máis famosos. Para descubrir a Van Gogh, Picasso e os grandes pintores

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.