CEIP Reibón (Moaña)

30/1/10

Día da Paz


Xoguete feito con tapas de refrescos e arame realizado por persoas onde Médicos sen Fronteiras desenvolve o seu traballo.



Este venres celebramos o Día da Paz cun acto no pavillón ao que asistiu todo o centro. Tamén estivo presente Amaia, unha representante de Médicos sen Fronteiras, a quen lle entregamos o total do diñeiro que o alumnado e outras persoas que quixeron colaborar fixestes chegar ao colexio. O total do recadado foron 2.800 €, que non está nada mal.


Esperamos que un pouco de uns e un pouco de outros durante os próximos meses sirvan para mellorar as condicións de vida dos haitianos. Neste momento MSF está montando unha nova estructura sanitaria para atender mellor aos milleiros de feridos e enfermos en Haití.

Despois diso cantamos as cancións que cada ciclo escolleu: Cantarela dos nenos, Rosalinda e No dudaría. Todas con letras relativas á paz, a unidade entre os seres humanos e a non violencia.

Agora, a preparar o entroido, que xa o temos na porta.

27/1/10

Acrósticos Pola paz



Ola, rapaces, quero invitarvos a crear un libro cheo de poesía.

- Para que?

- Pois para celebrar o Día da paz.

- Que vas facer depois cos poemas?

- Quero facer un libro de poesías pola paz para que poidan lelo todos os nenos e nenas, con fermosas ilustracións.

ANIMÁDEVOS

26/1/10

Que é un terremoto?

Explicar como se produce un terremoto é difícil, pero na Reibonteca imos intentalo.
O primeiro que debes saber é que a terra non é unha única masa sólida. Está formada por varias placas. Olla este mapa. Cada trozo de mapa é unha "illa de terra"


Estas illas reciben o nome de placas tectónicas. Estas placas únense, separánse, rózanse e son estes movementos os que poden producir os terremotos.

Fonte: Jose F. Vigil.

Aquí podes taopar unha explicación moi sinxela do que é un terremoto.
Pero si con isto non che chega, neste enlace tes unha explicación máis profunda e cunha serie de datos que che poden interesar.

Tamén podes botarlle un ollo a esta animación.


Sabías que se pode medir a intensidade dos terremotos?
Pois si, hai dúas medidas ou escalar para determinar a potencia dun terremoto. A máis usada é a de Richter. Clica neste enlace e poderás ver como se mide nesta escala a intensidade dos terremotos.

Fonte: Kalipedia
Como terás visto e lido estes días nos xornais, en Haití produciu unha gran devastación coa perda dunha gran cantidade de vidas, algo máis de 150.000, segundo os cálculos do goberno haitiano. Pero ao longo da historia houbo terremotos destructivos e mortíferos. Estes foron algúns dos que coñecemos datos (clic aquí).

LIBROS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA SOBRE OS TERREMOTOS:
  • Terremotos y volcanes. Imelda e Robert Updegraff - Editorial Teide
  • Dentro de la tierra - Varios autores - Editex
  • Volcanes y terremotos - Col. In Siders - Edit. Larousse (Proximamente en préstamo)

24/1/10

Para estudar Haití

Esta entrada é un instrumento para os profesores e os pais que queiran consultar datos sobre este país que está por desgraza está de actualidade:

DATOS BÁSICOS
  • Datos básico sobre o país cunha presentación sinxela.
  • Atlas mundial: Datos básicos que inclúen poboación, idiomas, relixións, índices de alfabetismo (Contrariamente ao soe facerse non pon a porcentaxe de analfabetos senón o de "alfabetos")
  • Galipedia: Datos máis completos que inclúen xeografía, sistema político, datos históricos e doutro tipo presentados esquematicamente.
  • Wikipedia: Datos un pouco máis completos que a Galipedia.
  • Informador.mx: Datos moi esquemáticos sobre a situación social moi esquemáticos (linguas, diñeiro co que vive unha persoa, etc:9)
HISTORIA E CULTURA

22/1/10

Solidari@s con Haití



Estimados pais e nais:
O próximo venres 29 de xaneiro celebraremos o Día da Paz. Sempre realizamos actos simbólicos para que os nenos entendan a importancia de conceptos como a solidariedade, a xustiza ou a cooperación entre as xentes e os pobos. Pero a traxedia de Haití fíxonos considerar as actividades deste ano. Pensamos en celebrar un acto solidario coa
s vítimas do terremoto. Para isto, enviamos un sobre no que, de xeito
voluntario, meterán a doazón que consideren oportuna.
Sería interesante que cada neno ou nena fose consciente da doazón que fai poñendo unha parte da súa paga, destinando os cartos que lle custaría unhas chuches, etc. O noso obxectivo é que esa pequena aportación sexa a súa aportación para axudas a outras persoas nun momento tan grave coma este.
  • Este sobre entregarase, sen ningún tipo de nome, aos titores entre o luns 25 e o xoves 28.
  • O colexio garantizará en todo momento o anonimato das doazóns.
Toda a recadación doarase a “Médicos sin Fronteras”, unha das ONGs que están traballando na quel país, nun acto simbólico no noso centro, no que se fará entrega da mesma a un representante desta organización.

Agradecemos a vosa colaboración.



CELSO EMILIO FERREIRO
IRMÁNS("Longa noite de pedra", 1962)
Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.

3/1/10

No Nadal, tamén libros


Xa sabedes que regalar un libro en Reis é un costume san, por iso aquí deixamos as recomendacións de Rufina para que os Reis poidan deixar na noite do 5.


DE 3 A 5 ANOS

· Inés del revés – Anita Jeram - E. Kókinos

· Sopa de calabaza - Helen Cooper—Ed. Juventud

· O coelliño branco - Xosé Ballesteros –Kalandraka

· ¡El lobo ha vuelto! - Geoffroy de Pennart - Ed. Corimbo

· Rosa Caramelo - Adela Turin e Nella Bosnia - Ed. Lumen

· Hora de cenar - J. Pienkovski - Parramón.

· Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis - Chema Heras e Kiko Dasilva - Kalandraka

· Nadarín - Leo Lionni - Kalandraka

· Frederick Que é? - Leo Lionni - Kalandraka

· Un becho estraño - Mon Daporta - Faktoria K de libros

· ¡Papá! - Philippe Corentin - Ed. Corimbo.

· Mira-mira en la granja - Martine Perrin - SM

DE 6 A 8 ANOS

· Heuck - Ed. Juventud

· Contos de ratiños - Arnold Lobel –Kalandraka

· A cebra Camila – Marisa Núñez e Óscar Villán - Kalandraka

· Niña bonita - Ana Mª Machado - Ed. Ekaré

· A aventura sorprendente dun homiño moi valente - Hans Traxler - Xeraiss.

· El reino del revés - Mª Elena Walsh - Ed. Alfaguara.

· O incrible neno devorador de libros - Oliver Jeffers - Patasdepeixe

· Onde viven os monstros - Maurice Sendak - Kalandraka

· Los sorprendentes animales que salvó el hijo de Noe - Serres e M. Jarrie - Edelvives.

· El manzano - Mira Lobe e A. Kauffman - Ed. Lóguez.

· A toupiña que quería saber quen fixera aquilo enriba da súa cabeza - Wolf Erlbruch - Kalandraka

· Alexander Calder - Patricia Geis - Combel

· El grúfalo - Julia Donaldson - Macmillan

· La princesa ojerosa - Juan Kruz Igerabide - Macmillan

DE 8 A 10 ANOS

· La señora Cucharita. Alf Proysen. Ed. Juventud.

· La jrafa, el pelícano y el mono. Roald Dahl. Ed. Alfaguara.

· El cocodrilo enorme - Roald Dahl - Alfaguara

· Oliver Button es una nena - Tomie de Paola - Everest

· Ferdinando el toro - Munro Leaf - Ed. Lóguez

· Ben quiere a Anna - Peter Hartling - Alfaguara

· O dedo máxico - Roald Dahl - Alfaguara

· Un crocodilo debaixo da cama - Mariasun Landa - Galaxia.

· El secreto del oso hormiguero - Beatriz Osés e Miguel Ángel Díez - Faktoría K de libros

· Catálogo de padres - Claude Ponti - Corimbo

· Astro, valiente expolorador - Javier Olivares - Faktoría K de libros.

· Nacer - Xulio Gutiérrez - Faktoria K de libros.

· Dailan Kifki - Mª Elena Walsh e Pedro Vilar - Siruela

· Selección poética - Miguel de Unamuno - Faktoría K de libros

· Minimaladas - Carlos López - Xerais

· A marabillosa mediciña de George - Roald Dahl - Xerais

· As aventuras da man negra - Hans Jürgen Press - Planeta Oxford

DE 10 A 12 ANOS

· La señora Cucharita. Alf Proysen. Ed. Juventud.

· Cuentos judíos de la aldea de Chelm - I. Bashevis Singer. Ed. Lumen

· La gran Gilly Hopkins - K. Paterson. Ed. Alfaguara

· Os irmáns Corazón de León - A. Lindgren. Eds. Xerais.

· El viaje de Xia Tenzin - P. Zubizarreta. Ed. Edelvives.

· Sopa de soño - J.A. Ramírez Lozano. Ed. Kalandraka.

· Elvis Karlsson - María Gripe. Ed. Alfaguara.

· Konrad - Christine Nostlinger. Ed. Alfaguara.

· Barro de Medellín - Alfredo Gómez Cerdá. Ed. Edelvives

· Rumbo a Marte - Fernando Marías. Ed. Anaya

· O Nicolasiño - Sempé. Ed. Alfaguara

· El pie frito - Miguel Calatayud - Edicions de Ponent

· Lúa do Senegal - Agustín Fernández Paz - Xerais

· Sopaboba - Fernando Alonso - Planeta Oxford

· Xonás o pescador - Reiner Zimnik - Kalandraka

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com