CEIP Reibón (Moaña)

28/4/10

Venres poético


Amigos e amigas, estades todos convidados ao recital de poesía que van facer os alumnos de sexto o venres, día 30 de abril na biblioteca.

Non o perdades!!

26/4/10

FESTA DOS LIBROS



O pasado venres a biblioteca celebrou a Festa dos libros. Comezárona os de infantil cantándolles cumpreanos feliz.

Parabéns para ti
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida.

No recreo continuamos coa lectura dun conto a cargo de Maialen Riobó e Aitana Rodríguez e os poemas de Ana Galiana que nos fixeron disfrutar a todos. Non sabiamos que Ana escribía os seus propios poemas, pero foi un gustazo descubrila. Os de 5º e 6º estaban enfrontándose nun partido de fútbol e non asistiron.




Este mes adicaremos máis tempo á poesía e o venres comezaremos cun pequeno recital a cargo do alumnado de sexto ao que estades todos invitados.

23/4/10

Día do libro

"O libro é como a roda, unha vez inventado non se pode facer nada para melloralo"
Umberto Eco

Rufina recomenda:

Información moi importante para quen queira estar a última na lectura de libros (3.20 minutos extraordinarios)
na seguinte dirección:


http://www.leerestademoda.com/book.html


12/4/10

Mes dos libros

Estamos a celebrar o mes de abril o mes dos libros, o pasado día 2 foi o Día do libro infantil e o 23 será o Día do libro, con sesións de contacontos.

O pasado venres a contadora foi Luzmar Cordeiro que contou Nuestro Pelusa, e o próximo xoves, DÍA 16 DE ABRIL, serán Maialen e Aitana Rodríguez que nos deleitarán con outro conto. Xa vos anunciaremos o título.
Todos os que queirades participar na sesións de contacontos non tendes máis que dicirllo a calquera dos profesores encargados da biblioteca.

LEMBRADE QUE, COMA SEMPRE, SERÁ DURANTE O RECREO.

8/4/10

NOVIDADES DE RUFINA


LIBROS PARA PEQUENOS CIENTÍFICOS.



































































































Respostas a infinidade de curiosidades. Continuación doutro libro que podedes consultar na sección 03 da nosa biblioteca.


















O rei nunca ten tempo, así que todas as noites, cando pasa pola porta do cuarto do seu fillo, lánzalle u bico e deséxalle boas noites. Pero unha noite o bico escapa pola fiestra e hai que buscar un cabaleiro que vaia tras del.





















Hai milleiros de anos, os maorís saíron de Polinesia en piragua para instalarse en Nova Zelanda. Moito máis tarde chegaron os colonos ingleses e a pesar de todo conservaron a súa cultura. Todos coñecemos a haka, unha danza ritual guereira que o equipo de rugby dos All Blacks realiza sempre antes dos seus partidos. (Se non viches nunca a haka, preme
aquí).





















Algo tan simple coma un retrato dunha parella de recén casados pode esconder historias tan simples coma emocionantes que nos chegan grazas ás mensaxes ocultas, os pequenos detalles que pasan desapercibidos... Unha historia chea de emocións que nos invita a botar unha ollada diferente sobre a pintura.


























Imaxinas que pasaría se o espantallo que ti construíches con todo detalle, fose perdendo todos os materiais que o forman? E se un día, por mor dun lóstrego, cobrase vida e decidise percorrer mundo? Así comeza esta historia maravillosa, divertida e que te engancha desde o principio.










O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com