Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

Comezamos co Club de lectura

Imaxe
O vindeiro martes no recreo bota a andar o club de lectura da Reibonteca. Teremos a primeira reunión para decidir cal vai ser o libro co que empecemos. Hai varios candidatos que poderedes consultar no blog do Club de lectura.

GUSTARÍACHE PERTENCER A UN CLUB DE LECTURA?

Imaxe
Se che gusta ler... Se estás en 4º ou 5º... Se cres que lectura é divertida... Se che gusta compartir cos demais as túas opinións... Se a lectura non é unha asignatura... Se non dis que algo non che gusta antes de probalo... ENTÓN PODES PARTICIPAR NO CLUB DE LECTURA DA REIBONTECA. Que tes que facer? Simplemente inscribirte e comprometerte a a ler a parte que se acorde no tempo que se acorde. Despois falaremos sobre as cousas que nos gustan e as que non. Cando se reune o CLUB DE LECTURA? Unha vez ao mes durante o recreo e o tempo de lectura. E se participas e non che gusta? Podes abandonalo cando queiras. SE ESTÁS PREPARADO, ANÓTATE NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA ANTES DO 8 DE OUTUBRO