O martes, día 21 celebraremos na biblioteca a Festa de aniversario dos libros, porque os libros tamén cumpren anos, coma todo o mundo. No ano 2011 celebramos o cumpreanos de Babar, de Balbino, dunha vaca con memorias, dun coello rosa, de Ben e de filo o filósofo, entre outros. Por iso, queremos celebrar unha festa para celebrar na que rufina nos vai invitar a unha torta moi especial. Xa sabedes, o martes durante o recreo na biblioteca.