Ir al contenido principal

Contacontos de Kalandraka


Sabedes que pasa cando un crocodilo se enamora dunha xirafa? E se a xirafa non se decata de que o crocodilo reborda amor por todas partes? Como chamar a súa atención?
Esta e outras fermosas historias da editorial Kalandraka contáronnos Sandra, Néveda e o seu acordeón. Mesmo cantamos a canción do crocodilo enamorado. Pero antes de marcharse, aínda nos contaron a historia de Pequena Lúa, do oso, de Bubú e do moucho que cantaba todas as noites.
Rufina escoitaba moi, moi atenta todos os contos, e aproveitando que é unha xirafa botaba un ollo desde aló arriba para ver ben as ilustracións dos libros. Mentres tanto, que facía Anxo?







Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.