Ir al contenido principal

Encontro co ilustrador Pepe Carreiro

Pepe Carreiro, o ilustrador de Dona Carme, dos Bolechas e dos Barbanzóns estivo en Reibón para falar cos alumnos de terceiro sobre o traballo dos ilustradores.

Explicounos como o máis importante para todo ilustrador é observar con atención todo canto o rodea, os animais, as plantas, as persoas...

Despois, contounos como se esquematiza. Como se debuxa un gato a partir de dous círculos, un para a cabeza e outro para o corpo.

Foi un encontro cheo de maxia no que Pepe Carreiro debuxou a moitos dos seus personaxes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.