Ir al contenido principal

Corremos e corremos agochados nunha cabaza

Este ano descubrimos no colexio unha boa contadora e Rufina pediunos que nos aproveitásemos un pouco dela. Conseguimos convencela e a profe Silvia, coa axuda de Raquel, Iciar e Alba contounos un conto e atrapounos coa súa voz, cos oubeos do lobo, as voces gordas do oso e os ladridos do cadelo.
 Algúns nenos estaban moi asustados e non se atrevían a entrar por medo ao que conta o libro, pero pasámolo moi ben.
 Para rematar cantamos unha canción agardando ao próximo mércores 26 de novembro, cando Iciar Corrales nos conte a historia do "Pequeno Azul e Pequeno Amarelo"






Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.