CEIP Reibón (Moaña)

23/2/11

RUFIPREGUNTA 5

Neste poema, Miguel Hernández escribe sobre o orgullo de ser parte do pobo.


VIENTOS DEL PUEBLO ME LLEVAN
Los bueyes doblan la frente,
impotentemente mansa,
delante de los castigos:
los leones la levantan
y al mismo tiempo castigan
con su clamorosa zarpa.


No soy de un pueblo de bueyes,
que soy de un pueblo que embargan
yacimientos de leones,
desfiladeros de águilas
y cordilleras de toros
con el orgullo en el asta.


Busca o texto do poema completo para poder responder a estas preguntas:
Cando fala dos galegos como os califica?
Que cualidade destaca dos andaluces?


Teclea en Google Vientos del pueblo ou busca este poema nun libro da biblioteca no apartado L4.15, que é o adicado á poesía para lectores expertos.



16/2/11

Suspendidas as actividades

A Xunta ordenou a suspensión das Actividades Extraescolares para o mercores día 16.
Funcionarán os servicios de transporte e comedor.
Os nonos e nenas de comedor volverán para a casa nos autobuses as 3.15

14/2/11

RUFIPREGUNTA 4


Aínda que o noso protagonista non era andaluz, escribiu un poema adicado aos habitantes dunha provincia andaluza que facían un traballo agrícola moi especial. Faise moitas preguntas. O título fala do oficio destes agricultores, da árbore que traballan e do orgullo do oficio. 

 
No los levantó la nada,
Ni el dinero, ni el señor,
Sino la tierra callada,
El trabajo y el sudor.

...

Árboles que vuestro afán
consagró al centro del día
eran principio de un pan
que solo el otro comía

Sabes cal é o título dese poema? Copia a primeira estrofa.

PARA OS QUE QUEREN APRENDER A BUSCAR:
Vai a Google e busca Poemas de Miguel Hernández.
Algunhas pistas: foi escrito en 1937 e está no libro VIENTOS DEL PUEBLO
PARA OS QUE SE CONFORMAN CON POUCO:
Clica aquí

9/2/11

Libros recibidos

Atentos, nesta presentación podedes ver algunhas das novidades que Rufina ten á vosa disposición na Reibonteca.

Se estás interesado nalgún libro, podes pasar no recreo a recollelo. Anímate, nesta remesa de libros recibidos nas últimas semanas hainos moi interesantes, curiosos e divertidos.

 

Contacontos

Hai uns días tivemos unha sesión de contacontos con Marta Otero e Helena Ferrer, de terceiro curso. Marta contounos un conto moi bonito que trataba dun oso que facía unha viaxe buscando unha cousa moi importante para el. Polo camiño preguntáballe a todo o mundo que atopaba. Os espectadores tamén puideron participar lendo os pictogramas.



Helena leunos un conto no que tiñamos que adiviñar que animal estaba escondido. Non fallamos un.

4/2/11

Rufipregunta 3

Busca unha foto deses poetas e pégaa no cadro da vosa tarxeta das Rufipreguntas.
Ollo!! tes que reducir a imaxe para que colla.

Podes buscar en google imaxes xeración do 27.

3/2/11

DÍA DA PAZ

Se queredes coñecer as actividades que se desenvolveron con motivo do Día internacional da paz e da non violencia, temos unha páxina web para que poidas ver as fotos.

Ah, tamén poderás ler os textos que con motivo dese día preparou o Equipo de biblioteca.

O venres repetimos

Mañá venres, Helena e Marta volverán a contar no recreo os contos que nos gustaron tanto o pasado mércores. Esperamos que desta vez poidan vir máis nenos e nenas porque o pasamos moi ben axudándolles a contalo e adiviñando os animais que había no de Helena.

1/2/11

Contacontos



O mércores Marta Otero e Helena Ferrer vannos contar dous fermosos contos. Velaí os tendes:


 

 SERÁ O MÉRCORES 2 DE FEBREIRO NO RECREO

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Seguidores

Redes sociais

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com