Ir al contenido principal
Ola rapaces.
Este ano os Reis trouxéronos unha colección de libros sobre a ciencia. O seu protagonista é o señor Viramontañas e coas súas aventuras descubriremos importantes principios científicos e exploraremos lugares remotos ou descoñecidos. Se te atreves a seguir a Martiño, Helena e o señor Viramontañas non dubides en achegarte á biblioteca e levalos para a túa casa.

Ah! Tamén teñen un sinxelo experimento que podes realizar.

Agardámoste!!!


Un veciño cheo de sorpresas
Explora o universo co señor Viramontañas
Martiño e Helena cóanse na terraza do señor Viramontañas.Gustaríalles ver as estrelas a través do seu telescopio. Pero o seu veciño ten un problema moi gordo e teñen que axudarlle a resolvelo. En troques, o señor Viramontañas ensinaralles os misterios marabillosos do Universo.

Co señor Viramontañas aprenderás: A diferenza entre estrelas, planetas e satélites. Que é unha galaxia. Que é un sistema solar. Os movementos da Terra: a rotación e a translación. Que son as liñas imaxinarias. O porqué das estacións. As fases da Lúa.

Un día na granxa
Explora o mundo animal co señor ViramontañasMaruja, a curmá do señor Viramontañas, levou un trompazo e leva o brazo en estribeira. Quen se vai ocupar agora da granxa? O señor Viramontañas está éncantado de axudala, e tamén Helena. Pero, e Martiño? Quenlle ía dicir, ao coitado, que acabaría vestido coma un granxeiro e muxindo unha vaca.

Co señor Viramontañas aprenderás Que son os animais vertebrádos e invertebrados. A relación das persoas co mundo animal. Cales son os animais salvaxes e os domésticos. Como se alimentan os animais: carnívoros, herbívoros e omnívoros. Que son os animais ovíparos e os vivíparos. Como viven os animais e como se adaptan ao medio. Que é a metamorfose.


Sempre tes que meter o narizExplora o corpo humano co señor Viramontañas
O señor Viramontañas ensínalles a Martiño e a Helena a importancia dos cinco sentidos. Pero Martiño está preocupado por outra cousa. O seu corpo e o da súa veciña non son iguais. Por iso quere ter unha conversa de home a home co señor Viramontañas e que lle aclare algunhas cousas.

Co señor Viramontañas aprenderás: Os cinco sentidos: a vista, o gusto, o oído, o tacto e o olfacto. A liña da vida: infancia, mocidade, madurez e vellez. Como son e para que serven os ósos e os músculos.. A nutrición e a roda alimentaria. O proceso dixestivo e os dentes. Como respiramos. A circulación do sangue, cales son as súas funcións.

Descenso ao barranco do DemoExplora as paisaxes co señor Viramontañas

O señor Viramontañas cóntalles a Martiño e a Helena a viaxe que, cincuenta anos atrás, fixo co seu curmán: desde os mananciais do río ata a desembocadura no mar e o perigoso descenso polo barranco do Demo.

Co señor Viramontañas aprenderás: A gran diversidade de paisaxes da Terra. Como é a paisaxe da costa. Os elementos do relevo de montaña. As características dos ríos: cursos alto, medio e baixo. A transformación da paisaxe a mans do ser humano. Que é un mapa de relevo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.