Ir al contenido principal

RUFINOTICIA ABRACADABRANTE




Ola, xente. Este ano non vos mando moitas mensaxes, pero hoxe quero enviarvos unha moi especial a todo o alumnado de infantil de 5 anos, 2º e 3º de primaria.



O vindeiro día 1 de febreiro o contacontos camerunés Boniface Ofogo estará na biblioteca para deleitarnos coas súas magníficas historias. Boni -así é coñecido no mundo- é, ademais, autor dun libro que temos na nosa biblioteca e que leva o título de O león Kandinga
Boni leva moitos anos adicándose a contar as historias que herdou dos seus pais e dos seus avós nunha pequena aldea do Camerún. Desde hai bastante tempo reside en España e moitos poden coñecelo pola súa aparición no programa de TVE1 no que aparecen persoas que se viñeron a vivir aquí desde outros países. Pero se queredes coñecer o que fai Boni, podedes entrar na súa páxina.

Véxovos na biblio.

RUFINA

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.