Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Preinscripción

Admisión para o curso 2012/2013 Dog do 19/03/07 e 04/04/07
De 1 de marzo a 10 de abril Información e Instancias na Secretaría do colexio

Entroido en Reibón

Onte celebramos o entroido no cole. Actuaron todos os cursos, que iban con disfraces que facian referencia a inventos e inventores. Foi unha mañán estupenda, con moita animación e moita xente vendo as nosas actuacións.

Obradoiro de escrita

Proposta 1

Xogar a equivocar as palabras pode ser divertido
Unha vez escribiu o poeta Manuel María estes versos:



Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon. E podemos transformar as palabras noutras parecidas que o convirten nun poema diferente e, ás veces divertido:

Varre, conte,
meu churro tristón,
meu churro canso,
meu churriño.

Os máis pequenos poden facelo soamente cun verso.
Verso orixinal:
“Sete pares de zapatos consumín”A partir de aí xogamos cos erros creativos:

Sete pares de patos
sete mares maragatos
mares e gatos polos muros
miro a ratos.
Pero os maiores tamén poden facelo cun texto narrativo.

Agardamos as vosas respostas a partir do día 1 de marzo

Un pirata en 3º

Exposición de rochas, fósiles e minerais no laboratorio

Dentes de rinocerontes de fai 30 millóns de anos. Fósiles de trilobites, un animal que desapareceu da terra fai máis de 250 millóns de anos. Minerais e rochas de tódolos tipos están expostas nestes día no laboratorio do colexio para que todos os nenos e nenas do colexio poidan observalos.

Contos africanos


O mércores nevou sobre as nosas cellas. Unha neve escura e cálida saída da boca dun gran contador camerunés que leva máis de vinte anos vivindo en España. As súas fermosas historias, cheas de humanidade, a súa voz cadenciosa derramou nos nosos oídos un feixe de fábulas das que deixan profundas pegadas e que son unha aprendizaxe para a vida.



Nós xa coñeciamos a Boni porque temos aquí algún dos seus poucos libros, O león Kandinga por exemplo... Pero nada é comparable á súa presenza e ao son da súa voz, que nos levou e nos trouxo de lonxanas cidades e aldeas.
Aquí quedan algunhas fotos das tres sesións que desenvolveu con alumnado de infantil de 5 anos, 2º e 3º de primaria. Os seus ollos din todo o que foi esta xornada.  
<><><> <>