Ir al contenido principal

Obradoiro de escrita

Proposta 1

Xogar a equivocar as palabras pode ser divertido
Unha vez escribiu o poeta Manuel María estes versos:



Arre, corre,
meu burro trotón,

meu burriño manso,
meu burriño bon.
E podemos transformar as palabras noutras parecidas que o convirten nun poema diferente e, ás veces divertido:

Varre, conte,
meu churro tristón,
meu churro canso,
meu churriño.

Os máis pequenos poden facelo soamente cun verso.
Verso orixinal:
“Sete pares de zapatos consumín”
A partir de aí xogamos cos erros creativos:

Sete pares de patos
sete mares maragatos
mares e gatos polos muros
miro a ratos.
Pero os maiores tamén poden facelo cun texto narrativo.

Agardamos as vosas respostas a partir do día 1 de marzo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.