CEIP Reibón (Moaña)

27/3/12

Recén chegados nosa biblioteca


Estes son os últimos libros que recibimos na biblioteca.

 


Para os máis pequenos un libro-puzzle sobre máquinas e vehículos. Pero se preferides xogar coas letras do abecedario, poderedes ler os pareados de Abefeario. E se o que vos gusta son as sorpresas, abriredes a boca cos personaxes que aparecen pola consulta de "Hola doctor" e sobre todo co final. Seguro que vos gustará compartilo cos vosos papás.

Para primeiros lectores



Unha historia de terror titulada A min non me comas. Mateo esperta, escoita un ruído tras a porta, abre ben os ollos e descobre asustado unha sombra monstruosa.

Para lectores autónomos 

Unha novela triste? Pode, pero a fermosa histoira dun cabalo que se enamora dunha nena, que lle deixa flores no seu balcón e coa que soña todas as noites.
Lili e Leto son dous "sereniños" (sereas e nenos) que exploran máis alá de onde os maiores din que non se pode ir, na busca de aventuras nas que aprender a actuar e a vivir.
Os donos dunha casa de campo vanse á cidade e abandonan a biblioteca é abandonada polos seus donos e os libros fican aburridos sen ninguén que os lea. Así que deciden ir á busca dos seus donos e tamén do quinto tomo das obras completas de Jules Verne que fora roubado por uns ladróns.
Nunha cidade gris e con xente gris, o operario dunha fábrica de paraugas comete a ousadía de saltar as normas establecidas e fabricar un paraugas amarelo malia que o que se leva son os paraugas de cor  negra, marrón, verde e azul escuro.

 Para lectores expertos



Rasmus fuxe do orfanato para buscar nalgures unha nai e un pai que o queiran. Nese camiño, ten a sorte de atopar a Óscar, un vagabundo co que aprenderá o significado e o valor de palabras como amizade, afecto, experiencia e supervivencia.

Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida. Unha obra clásica da literatura inglesa que ninguén debería deixar de ler.


Un retrato ou autorretrato de cada artista introdúcenos en cada un dos capítulos deste libro sobre o mundo da pintura. Entrarás no taller de cada pintor cor. Nalgunhas páxinas atoparás fiestras con máis información e curiosidades sobre a vida dos artistas. Pero aí non acaba todo porque tamén atoparás algunhas páxinas web nas que coñecerás máis cousas e máis cadros.

Na Italia medieval, vivía un neno chamado Leonardo Fibonacci, que soñaba de día e de noite cos números. El era un soñador e a xente non o comprendía. Cando Leonardo creceu e viaxou polo mundo, descubriu que existían outras maneiras de escribir os números e estudou todo o que puido sobre eles. Fibonacci viu que moitas cousas na natureza, desde o número de pétalos nunha flor á espiral dunha cuncha, parecen seguir un patrón determinado. O neno do que todos se burlaban por pensar obsesivamente nos números descubrira o que chegou a ser coñecido como a Secuencia de Fibonacci e foi un dos maiores matemáticos da Historia.


 Para todos

Con esta guía práctica aprenderás os trucos para cultivar en recipientes pequenos todo tipo de verduras (tomates, leitugas, espinacas, millo...), con consellos para o cultivo, exemplos de programacións, trucos para combater as pragas e as enfermidades e 19 fichas de hortalizas para todas as épocas do ano.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com