Ir al contenido principal

Contacontos 2º


Empezamos a tempada dos contadores na biblioteca. Empezamos cunha fermosa representación dos contos de Caracol e Caracola dos alumnos de 2º. 
Foron dúas funcións que nos engancharon ao conto coa súa forma de contar a historia destes dous animaliños e pola sinxeleza dos bonecos de cartón.
Ata cando queirades!



Ah! Lembrade que o vindeiro venres contaremos con Sabela Trigo que nos vai contar "Que contan as ovellas para durmir".


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.