Ir al contenido principal

As dúas últimas sesións de contadores de contos estiveron ocupadas por Antía Torres e por un grupo de alumnas de quinto. Antía contounos con gran soltura unha historia tan real coma o mundo mesmo, a diferenza entre as cousas segundo se vexan e segundo desde onde un as vexa. Era o conto titulado "Os de arriba e os de abaixo".
Sara del Río, Alba Feijóo, Miriam Páramos e Raquel Paredes contaron a vixeira aventura das Once damas atrevidas. Ademais fixeron unha pequena representación cuns debuxos das damas realizados por elas para a ocasión.
Avisamos que esta última van repetila para os alumnos de infantil proximamente.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.