Ir al contenido principal

Esquíos, elefantes e homiños




Este mes estamos a rebordar cos nosos contadores e contadoras. Cada día que pasa, son máis os que queren contarnos a súa historia no recreo. Encántanos que tantos nenos e nenas disfruten transmitíndolles aos demais os libros que lles gustan. 
Esta última semana tocoulle o turno a Iria, de 2º, que nos contou "Non é fácil, pequeno esquío". concentrouse na lectura e con tono e decisión foi contándonos a tristeza que sentía o pequeno esquío pola morte da súa nai. Despois, ía mostrando os debuxos.
Uns días despois, Romina e Lucía contáronos a marabillosa historia do medio elefante. Unha curiosa aventura dun elefante que de pronto se ve privado da metade do seu corpo, así que vai percorrendo o mundo na busca do que lle falta.
Este libro, que pronto estará a disposición de todos os lectores da Reibonteca, ten unha ilustración feita con cachos de obxectos de refugallo.

E Antía Táboas contounos a toda velocidade a "Aventura sorprendente dun homiño moi valente", outraincrible viaxe chea de estrañas situacións que nos produciron un sorriso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.