O pasado luns tivo lugar na biblioteca a Festa de entrega de carnés aos alumnos de primeiro. Comezamos a festa coa lectura do conto de Frederick. Si, ese ratiño que moitos xa coñeces que recollía as cores do verán para os días grises do inverno e os raios de sol para cando chegasen os días fríos. Despois de ler o conto, os profesores entregáronlles un regalo que Rufina lles fixo chegar en forma de galletas monstruosas con forma de dinosauro. Desde esta semana xa poden acudir á biblioteca para descubrir todas as historias que encerran os libros.