Ir al contenido principal

Festa de entrega dos carnés

 
O pasado luns tivo lugar na biblioteca a Festa de entrega de carnés aos alumnos de primeiro. Comezamos a festa coa lectura do conto de Frederick. Si, ese ratiño que moitos xa coñeces que recollía as cores do verán para os días grises do inverno e os raios de sol para cando chegasen os días fríos.
Despois de ler o conto, os profesores entregáronlles un regalo que Rufina lles fixo chegar en forma de galletas monstruosas con forma de dinosauro.
Desde esta semana xa poden acudir á biblioteca para descubrir todas as historias que encerran os libros.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.