CEIP Reibón (Moaña)

30/5/12

Esquíos, elefantes e homiños




Este mes estamos a rebordar cos nosos contadores e contadoras. Cada día que pasa, son máis os que queren contarnos a súa historia no recreo. Encántanos que tantos nenos e nenas disfruten transmitíndolles aos demais os libros que lles gustan. 
Esta última semana tocoulle o turno a Iria, de 2º, que nos contou "Non é fácil, pequeno esquío". concentrouse na lectura e con tono e decisión foi contándonos a tristeza que sentía o pequeno esquío pola morte da súa nai. Despois, ía mostrando os debuxos.
Uns días despois, Romina e Lucía contáronos a marabillosa historia do medio elefante. Unha curiosa aventura dun elefante que de pronto se ve privado da metade do seu corpo, así que vai percorrendo o mundo na busca do que lle falta.
Este libro, que pronto estará a disposición de todos os lectores da Reibonteca, ten unha ilustración feita con cachos de obxectos de refugallo.

E Antía Táboas contounos a toda velocidade a "Aventura sorprendente dun homiño moi valente", outraincrible viaxe chea de estrañas situacións que nos produciron un sorriso.

23/5/12


As dúas últimas sesións de contadores de contos estiveron ocupadas por Antía Torres e por un grupo de alumnas de quinto. Antía contounos con gran soltura unha historia tan real coma o mundo mesmo, a diferenza entre as cousas segundo se vexan e segundo desde onde un as vexa. Era o conto titulado "Os de arriba e os de abaixo".
Sara del Río, Alba Feijóo, Miriam Páramos e Raquel Paredes contaron a vixeira aventura das Once damas atrevidas. Ademais fixeron unha pequena representación cuns debuxos das damas realizados por elas para a ocasión.
Avisamos que esta última van repetila para os alumnos de infantil proximamente.




4/5/12

Sabela Trigo conta ovellas

Que contarás as ovellas para durmir? Iso foi o que nos contou Sabela o outro día na biblioteca. Cun feixe de alumnos, pequenos e maiores escoitándoa, foi dicíndonos como resolven os seus problemas de insomnio as ovellas. E se os demais contamos ovellas para durmir, o que elas contan é algo ben diferente. Divertímonos moito escoitándoa. Seguro que máis adiante se animará a contarnos máis historias.


O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com