Ir al contenido principal

Recreos de conto


Esta tempada, os nosos contadores estánmoi animados con dous temas, os animais e a lúa. Denis e Samuel Rouco fixeron unha selección dos pequenos contos que aparecen no libro MINIMALADAS. Coa axuda de Aitana contaron uns pouquiños deses relatos sorprendentes que protagonizan animais e que son tan breves que non dan para ser animaladas.

A QUE SABE A LÚA?
Despois tocoulles a Andrea e a Marina que nos contaron a fermosa historia dos animais que querían descubrir a que sabía a lúa. Con arte e maña, descubriron que a mellor forma de contalo sería construíndo as siluetas dos animais e recreando graficamente  a aventura dos animais.

365 PINGÜÍNOS
De momento o último contacontos foi o de Uxía Rodríguez. A súa histoira era tremenda porque unha familia recibía cada día do ano unha caixa cun regalo sorprendente, un pingüíno. Non sabían quen llos enviaba nin que facer con eles. Cando recibiron a carta na que lles explicaban o que sucedía creron que todo rematara, pero ao día seguinte recibirían un paquete aínda máis grande.






















Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Audioconto. Un vampiro con problemas I

Hai familias que teñen ideas marabillosas e esta é unha delas. Este audioconto que Lucía e os seus pais fixeron na casa, paréceme tan bonito que sería unha pena que non o compartisemos neste blog da nosa biblioteca.
Aquí vos queda a primeira parte:




Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.