Ir al contenido principal

Viaxando co pasaporte lector

Ler é unha viaxe polas historias e todas as viaxes requiren que os viaxeiros leven a súa documentación para cruzar as fronteiras. 
O alumnado de Reibón ten desde este curso o seu pasaporte, un pasaporte para a lectura que lles abrirá as fronteiras dos planetas Fantasía, Aventura e Misterio.
Esta semana recibiron o seu pasaporte lector os alumnos de infantil de 5 anos e 1º de primaria. Agora comezarán a súa viaxe. O primeiro planeta polo que van viaxar é Fantasía. Para percorrelo e ir ao seguinte planeta deberemos ler unha feixe de libros que están no pasaporte. Vendo a portada poderemos identificalos facilmente e ir cara adiante.
Os libros que están no pasaporte lector están identificados cun adhesivo coma este da imaxe e os libros ocupan un andel especial sinalado coa mesma pegatina.
Hai uns días os alumnos que comezan o programa recibiron os seus pasaportes. Aquí podemos velos tras a entrega posando na biblioteca.
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.