Ir al contenido principal


NOVO DECRETO DE COMEDORES ESCOLARES

A Xunta de Galicia publicou no DOG do 13 de agosto un novo decreto de comedores escolares.
Este decreto establece que o sistema de pago basearase na declaración da renda do ano 2012 establecendo pagos de 0, 1, 2.5 e 4.5 euros diarios, segundo os casos.
A cantidade a pagar obterase da combinación das seguintes casiñas : 

450+452-454+457+460-461-741.
O resultado dividirase polo número de membros da unidade familiar.

 No caso de persoas que non teñan que presentar a declaración da renda, utilizarán os datos do borrador para facer os cálculos.
Os pagos faranse nas contas bancarias que indicará a Xunta entre os días 1 a 20 do mes seguinte .
Para establecer canto lle corresponderá pagar a cada usuario do comedor deberá de presentarse no colexio debidamente cuberto, antes do día 28 de setembro, o “Modelo de autodeclaración e especificacións”  que se adxunta a esta nota informativa.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.