Ir al contenido principal

A película máis antiga

O cine actual son unha sucesión de fotografías que se proxectan a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo. É dicir, que nun segundo vemos 24 fotografías sucesivas e iso dános a sensación de que os personaxes estan a moverse na pantalla.

Hoxe en cadenaser.com publicouse a noticia de que foi descuberta a película máis antiga coñecida ata o de agora. Foi realizada por Le Prince 2 anos antes de que Edison presentase o seu prototipo de cinematógrafo e 7 anos antes de que os irmáns Lumiére desen lugar ao nacemento oficial do cine.

Esta película está formada por 20 fotogramas e ten unha duración de 1,66 segundos. Titúlase Le jardin de Roundhay.
Misterio, o realizador e o seu equipaxe desapareceron nun tren con destino a París e nunca apareceron.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.