CEIP Reibón (Moaña)

24/4/13

Viaxando co pasaporte lector

Ler é unha viaxe polas historias e todas as viaxes requiren que os viaxeiros leven a súa documentación para cruzar as fronteiras. 
O alumnado de Reibón ten desde este curso o seu pasaporte, un pasaporte para a lectura que lles abrirá as fronteiras dos planetas Fantasía, Aventura e Misterio.
Esta semana recibiron o seu pasaporte lector os alumnos de infantil de 5 anos e 1º de primaria. Agora comezarán a súa viaxe. O primeiro planeta polo que van viaxar é Fantasía. Para percorrelo e ir ao seguinte planeta deberemos ler unha feixe de libros que están no pasaporte. Vendo a portada poderemos identificalos facilmente e ir cara adiante.
Os libros que están no pasaporte lector están identificados cun adhesivo coma este da imaxe e os libros ocupan un andel especial sinalado coa mesma pegatina.
Hai uns días os alumnos que comezan o programa recibiron os seus pasaportes. Aquí podemos velos tras a entrega posando na biblioteca.
 

3/4/13

O día 2 de abril, foron algúns onde tiñan que ir.

Xa sabedes que hai unha vella tradición que di que:
O día primeiro de abril
van os burros 
onde non deben ir.


Pero ese día non había clase e non puidemos poñer o mundo do revés. Así que celebramos o día 2 de abril, Día internacional do libro infantil, cunha sesión de contacontos e aí si que fixemos todos ao contrario. O libro escollido foi "Inés del revés". As contadoras foron Susana e Yésica.

Unha historia para ver

Unha das mellores películas de animación de todos os tempos, Ourizo na néboa. Rodada no ano 1.975 por animadores da desaparecida Unión Soviética, foi considerada no ano 2009 en Tokio a mellor película de animación de todos os tempos.
Para que a vexades tod@s.

2/4/13



                              Admisión curso 2013/14


           De 5 a 17 de abril
Rufina  ( mascota da biblioteca )                
Outras datas importantes :
Presentación documentación xustificativa de 22 abril a 3 de maio
Publicación listaxes provisionais ata………………………….. 10 de maio
Publicación listaxes definitivas, antes do………………….. 31 de maio
Formalización matrícula de ………………………………….20 a 30 de xuño



VACANTES :

E. Infantil 3 anos         44 + 6
E. Infantil 4 anos           0
E.Infantil  5 anos           5
E. Primaria 1º curso      9 + 9 
E. Primaria 2º curso     10
E.Primaria 3º curso        5
E.Primaria 4º curso       16
E. Primaria 5º curso      22
E. Primaria 6º curso      11 


HORARIOS

w  Xornada lectiva, de 9:15 h. a 14:15 h.
w  Servicio de comedor, de 14:15 h. a 15:15 h.

 CENTROS ADSCRITOS :
   EEI  Verducedo           IES   As Barxas

ÁREAS DE INFLUENCIA  DO CEIP. REIBÓN :

   - Reibón ( Meira )               - O Redondo
   - Couso                              - O Rosal
   - A Torre                           - Ramón Cabanillas abaixo
   - A Fraga                            -Verducedo
   - Concepción Arenal ata o Camiño do Xaldeiro

 INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DE ALUMNADO :

  1. A solicitude de posto escolar será única e de carácter
vinculante.
  1. O alumnado que ten garantía de permanencia ou reserva  nun centro, deberá informar se quere cambiar a outro.
  2. Sinatura da solicitude :
-      Pai, nai, titor legal.
-      No caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
  1. A demanda de solicitude farase contando ben o domicilio, ben o lugar de traballo.
  2. Poderase solicitar ata 6 centros por orde de preferencia.
  3. Pódese pedir copia ou sustificante de ter presentado a solicitude.
  Decreto de admisión

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com