CEIP Reibón (Moaña)

16/3/15

Eclipse solar 20 de marzo



ECLIPSE SOLAR 2015


Durante a mañá do venres 20 de marzo será posible observar un eclipse parcial de Sol dende España. O eclipse será parcial en Moaña.
Horario do eclipse dende Moaña.
Inicio: 9h 4m 29s
Máximo do eclipse: 10h 7m 17s
Fin do eclipse: 11h 15m 31s

Duración do eclipse: 2h 11m
Oscurecemento 74%





 




Que é un eclipse solar?

Un eclipse é a ocultación do Sol pola Lúa.
A Lúa é 400 veces máis pequena co Sol pero está 400 veces máis preto  da Terra, esta coincidencia fai que se vexa co mesmo tamaño co Sol polo que cando pasa diante del (polo menos dúas veces ao ano)  tápao total ou parcialmente.
Hai tres clases de eclipses solares:

Eclipse total. Como a Lúa ten unha órbita elíptica non sempre está á mesma distancia, cando coincide no punto máis preto da Terra tapará por completo o Sol.
                                    

Eclipse anular.  Se está no punto máis alonxado será lixeiramente máis pequena co Sol e un delgado anel será visible arredor.

                                                   

Eclipse parcial. A Lúa só cubre unha parte do disco solar.


                                                             
               




RECOMENDACIÓNS PARA VER O ECLIPSE

- Nunca xamáis mirar ao Sol directamente e menos con instrumentos ou aparellos (prismáticos, telescopios, cámaras...) , Os danos poden ser inmediatos e irreversibles.

- Véndense gafas para a observción do eclipse, non son  caras (ao redor de 3 €) pero, teñen que estar homologadas coa normativa  da CE. Aconséllase compralas en tendas especializadas (ópticas). Aínda coas gafas postas,  non debemos mirar ao Sol a través  dun telescopio ou prismáticos.

- Non utilizar remedios caseiros (cristais afumados, gafas de sol, radiografías...),  non deixan pasar moita  luz pero si  radiacións perigosas.

- Os pais ou nais deben evitar que durante o eclipse os nenos-as  miren directamente ao Sol. A tentación é moi grande cando se chega ao máximo de ocultación pero os danos poden ser moi graves.
   



- Existen formas alternativas de ver o eclipse sen perigo:

 - Pódese proxectar o Sol mediante un espello nunha parede branca. 




- Podemos utilizar dúas cartolinas (a segunda branca), facéndolle un pequeno burato dun  milímetro, e colocándonos de costas ao Sol, proxectamos a imaxen na outra como no debuxo.



- Podemos facer o mesmo cuns prismáticos ou telescopio  proxectando a imaxen sobre unha cartolina branca.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com