Ir al contenido principal

ENTREGA DOS PASAPORTES LECTORES




A semana pasada voltamos a ter unha ilustre cerimonia na biblioteca do cole.  E agora as nenas e nenos de primeiro xa son posuidores dun documento moi especial. O seu PASAPORTE LECTOR!





Con él, a medida que vaian devorando libros, viaxarán por distintos planteas.



Por agora aterraron sen problemas no planeta Fantasía. Pero se queredes seguir a súa viaxe estade ben atentos e atentas ás novas.


Por suposto tan ilustre acto tivo que ir acompañado da súa correspondente merendola. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.