CEIP Reibón (Moaña)

22/2/17

Temos libros novos!

Este curso estamos facendo unha "limpeza" dos fondos da nosa biblioteca e estamos moi contentos de anunciarvos algunhas das novidades que adquirimos nas últimas semanas.

Para os máis pequenos:


AURELIO é un morcego ao que lle gusta moito xogar coas letras, non en balde o seu nome contén todas as vogais.

Con una a y otra a,
se baña la rana,
se lava la lana,
se canta el tam-tam.


 ANTONINO CONTRA EL TIEMPO. A Antonino encántalle pasear polo bosque, pero un día escoita uns gritos, pois o oso está atrapado nunha trampa. Antonino deberá correr para levar o oso ao hospital e por iso debe loitar contra o tempo, para salvalo.


COCORICO. Xa todos coñecemos a historia de Cocorico, pero decidimos ter máis exemplares porque sempre andamos preguntando quen levou a Cocorico e cando vai devolvelo.




COMER UN LOBO. Os máis pequenos gozaron moito dun libro titulado "¡Que viene el lobo!, pois agora chega unha especie de continuación na que tratamos de darlle a volta á historia do lobo que sempre come aos demais, pero.. Será posible ou acabará como sempre?


Para primeiros lectores:

PARA ONDE IMOS CANDO DESAPARECEMOS?
Todo cambia, as cousas que un día son dunha maneira outro son diferentes, ou non están. Incluso as persoas que estaban nun sitio desaparecen e deixan unha chea de preguntas. Un libro para nenos e nenas que teñen curiosidade

POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS.
Xa o di o título, é un libro de poesía que se pode ver porque moitos dos poemas adquiren formas sorprendentes e é tamén para ver.
Coma cella cella coma
vaia verso de diploma
punto ollo ollo punto
outro verso sen asunto
VAITE XA!
Oso debe marchar da casa na procura dunha vida mellor. Debe facelo aínda que sabe que vai botar de menos todo canto deixa atrás.



CANTA CONNOSCO.

Despois dunha chea de anos, este disco de Migallas volve cun formato novo, novas ilustracións, pero coas cancións de sempre.





UNHA ÚLTIMA CARTA.
O señor Costas está a punto de xubilarese. Pasou tantos anos repartindo cartas na súa illa... O último día de traballo unha carta aparece tirada, pero o señor Costas nunca deixou unha carta sen entregar. Cando chega ao lugar onde debe entregar a carta, atopará unha gran sorpresa.


Para lectores autónomos:


LA JIRAFA, EL PELÍCANO Y EL MONO. A divertida historia dos limpiaventanas desescaleirados de Roald Dahl cunha chea de personaxes divertidos que deleitarán aos lectores.






MARCELÍN. Marcelín é un neno absolutamente normal de non ser que se pon vermello por nada e sen embargo nas situacións máis embarazosas nada consegue acoralo. Un día MArcelín coñece a Renato, un neno absolutamente normal, de non ser que esbirra sen estar arrefriado, nin griposo nin nada. Así nacerá unha amizade ata que un  día a familia de Renato decide mudarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com