Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Recreos de conto desta semana

Como funciona a biblioteca?

Vídeo no que Sara, Martín e Ángela cóntanvos como é a Reibonteca.

Consigna Familias Lectoras

Esperamos que vaian ben as lecturas en familia. Como vos dixemos na reunión, cada certo tempo lanzaremos unha proposta de lectura creativa.  Velaí vai a primeira.

Visitas de autores

A semana pasado visitáronnos dous autores dos libros que están a ler os alumnos e alumnas de cuarto de primaria. Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" e David Pintor ou Pinto, ilustrador de "Cámbiache o conto", un libro que fixo a medias con Carlos López, autor tamén de Isela, o último título que estamos a traballar. David díxonos que estaba moi contento de vir a Reibón porque aquí traballaron os pais da súa muller, e por iso cando lle dixeron de vir non dubidou un segundo en aceptar a nosa invitación.
Os dous recibiron un feixe de preguntas sobre como se decidiron a facerse escritor e ilustrador, os seus libros preferidos... e por suposto, asinaron os libros.














Hugo conta a Guerra dos números

A Hugo gustoulle a historia das batallas dos números e dos negativos e positivos e decidiu contala o pasado venres. 




Algunhas notas para as FAMILIAS LECTORAS

Para todas aquelas persoas que non puidestes asistir á reunión do pasado luns, damos algunha información básica: A lectura será na casa.Tempo de 15 minutos non menos de dous días á semana, pero con flexibilidade.Dado que comezamos con atraso, o periodo acaba o 9 de xuño. Como non está no calendario, podesdes anotar os días aparte.Na tarxeta de participación tendes unha cara coa portada e algúns consellos. A parte interior (foto de abaixo) hai unha parte que debedes cubrir obrigaoriamente, que son o calendario e os datos do neno ou nena. Se tendes dous fillos/as teredes que cubrir 2 tarxetas.Se queredes valorar os libros que lestes, podedes facelo (esta é a parte voluntaria).Ao remate da experiencia enviaremos unha enquisa que nos valerá para asentar as cousas que son positivas e modificar as que non o son. Cumprimentádea con total sinceridade.Tamén se vos enviou unha Guía de lecturas. Neste caso trátase dunha orientación que podedes seguir se o considerades oportuno. Dentro de cada niv…

Recreos de conto da semana

FAMILIAS LECTORAS

Nos vindeiros anos un dos obxectivos da nos Biblioteca escolar será incrementar o hábito lector entre o noso alumnado, pois consideramos que non podemos acadar éxito escolar sen un bo dominio da lectura. A escola é unha parte moi importante para fomentar as capacidades lectoras, pero o hábito lector precisa do apoio familiar e por iso lanzamos este proxecto de lectura en familia.


Encontro con David Pintor

O aumnado de 4º terá un encontro con David Pintor para falar dos seus libros e en especial dos  que fixo con Carlos López, autor do que estamos a ler Isela e Cámbiache o conto.
Esperamos que todos gocemos coas ilustracións e as palabras deste coñecido ilustrador e humorista gráfico.