Ir al contenido principal

LECTOAMIGOS


Lectoamigos é unha actividade que vimos impulsando desde o equipo da Reibonteca para fomentar a lectura compartida entre o alumnado de diferentes idades.

A actividade consiste na lectura compartida entre grupos desiguais para que desta forma os máis avanzados teñan modelos de lectura que non sexan unicamente adultos e que incentiven a copia de modelos, estimulen a lectura expresiva e o interese por mellorar.

A proposta que realizamos é dun día de lectura compartida quincenal na Hora de ler. O emparellamento de niveis será o seguinte:


  • Alumnado de 1º co de 5º 
  • Alumnado de 2º co de 6º 
  • Alumnado de 3º co de 4 anos 
  • Alumnado de 4º co de 5 anos
Cada grupo de Lectoamigos levará un medallón identificativo no que poden incluír as fotos dos alumnos e alumnas que forman parte da parella ou trío de lectores.
O equipo da Reibonteca entregaralle a cada titor ou titora un modelo de medallón perforado, fotos dos nenos e nenas que integrarían os grupos e fita para que poidan colgalo. Desta maneira, especialmente os máis pequenos poderán identificar facilmente con que lles toca a ler.


COMEZO DA ACTIVIDADE

Iniciaríase a actividade no mes de novembro cun gran acto no exterior coa presenza de todo o alumnado e o profesorado.

O equipo de biblioteca proporá un xogo de pistas que durará uns 10 minutos para que se poidan atopar cada un dos grupos.
Para rematar a actividade lerase un poema polo altavoz. Ao remate, soará unha música e todo o alumnado volverá ás aulas.

PROPOSTAS
Realizaranse propostas de lectura relacionadas co proxecto anual das emocións e do mesmo xeito que propiciamos diferentes lecturas na Hora de ler, tamén faremos o mesmo con esta actividade pero centrada na lectura literaria. Queremos tamén que poidan xurdir actividades espontáneas e guiadas de comunicación escrita (contos compartidos, realización de libros...).


Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.

APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.