Ir al contenido principal

Familias Lectoras. Encontro co ilustrador Ramón Trigo

ATENCIÓN A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES NO PLAN DE LECTURA EN FAMILIA!!
ACTIVIDADE "OBRIGATORIA" PARA COMPARTIR COS NENOS E NENAS


Martes, 29 de xaneiro - 18 horas - Na biblioteca
Estará con todos nós o ilustrador Ramón Trigo que nos vai demostrar como con lectura, imaxinación e unha boa man se poden converter en imaxes calquera idea, historia, suceso...

Ramón Trigo ilustrou unha chea de libros ben coñecidos, tanto para os pequenos como para os mozos dos que podedes ter informacións nos tríticos que enviamos ás casas. Entre eles hai un moi especial porque o escribiu a súa propia filla, Blanca Trigo. Por iso quen mellor que el para participar nas actividades das nosas Familias Lectoras?


LEMBRADE:
O MARTES 29 ÁS 18 HORAS TEMOS UNHA CITA.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.

Lectura en voz alta

A Reibonteca convoca un concurso de lectura en voz alta para celebrar o Mes do libro e das Letras Galegas.
Deixamos o vídeo para que vexades en que consiste. Haberá dúas fases:
Fase 1: Terá lugar en cada aula e serán seleccionados entre 1 e 2 alumnos ou alumnas.
Fase 2: Será a nivel de centro e haberá unha categoría para infantil e 1º, outra para 2º e 3º, e outra para 4º, 5º e 6º.