No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras. Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador. Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre. Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes. Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.
CEIP Reibón (Moaña)