O martes 29 de xaneiro estivo na biblioteca o artista Ramón Trigo. Era unha actividade do programa de Familias lectoras na que puidemos comprobar como afronta os seus traballos un ilustrador. Desde a construción dos personaxes ata as gamas cromáticas que elixe e por que, as influencias do expresionismo ou como chegou ao mundo da ilustración para nenos.
Finalmente fíxonos unha versión de Rufina, que é a que encabeza esta entrada.
O vindeiro mes de marzo esperamos ter unha nova actividade dirixida ás Familias Lectoras.
Comentarios
Publicar un comentario