Ir al contenido principal

Mes dos libros

Entre os meses de abril e maio celebramos na biblioteca do CEIP Reibón o mes dos libros no que conmemoramos o Día Internacional do libro e o Día das Letras Galegas.
Aínda que o tempo non nos permitiu
facelo ata o día 28 de abril, comezamos cunha Liberación de libros. Cada neno ou nena trouxo da súa casa un libro que para eles xa non tiña uso e deixárono no patio do centro. Antes do recreo, todos os que aportaron o seu libro baixaron para coller outro dos que estaban expostos sobre o chan do campo de fútbol.
Os día 15 e 16 de maio celebraremos a fase final do Certame de lectura en voz alta e aprtir do 27 de maio teremos a exposición "Como se fai un libro".



Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.