CEIP Reibón (Moaña)

Bidueiro

Nome científico ou latino: Betula pendula Roth.
- Nome común ou vulgar: Biduriro, Abedul, Abedules (plural).

- Sinónimos: Betula verrucosa Ehrh.

- Familia: Betulaceae.

- Orixe: Especie autóctona orixinaria de case toda Europa, Oeste de Siberia, Este de Asia e Norte de Marrocos.

- Os bidueiros son árbores caducas, de valor ornamental pola súa cortiza plateada, e o colorido que adquire o seu follaxe durante o outono.

- Os bidueiros poden alcanzar os 30 m.

- Crece con rapidez os primeiros anos.

- Ten unha bela cortiza de tons esbrancuxados con marcas negras.

- As follas son romboidais ou romboidais de cor verde claro de 4-6 cm de lonxitude e 2-4 cm de anchura; pecíolo de 1,5 cm de lonxitude; base xeralmente cuneiforme, apiculadas, coa marxe doblemente aserrado e 6-9 pares de nervios.

- Flores en amentos, unisexuales, amentos masculinos péndulos e 3 flores na axila de cada bráctea, amentos femininos máis curtos. Flores masculinas en amentos cilíndricos, erectos, de cor verde pálido.

- Froito aquenio alado, encerrado nunha infrutescencia cilíndrica.

- Os bidueiros constitúen un elemento típico dos bosques caducifolios boreais, á beira de piñeiros, abetos, carballos, haxas, etc.

- Altitude: de 0 a 2.000 m.

- No noroeste de España é moi empregado en plantacións lineais de estradas; en zonas de néboas frecuentes son particularmente útiles, pois os seus troncos destacan moi ben os bidueiros. Coñécense variedades de especial interese ornamental polo seu porte, ramificación e colorido do follaxe.

- No norte de Europa coa sabia fabrícase unha bebida alcohólica moi apreciada. Pola impermeabilidade da súa cortiza utilízanse de bidueiros en canles para a auga e zocos, ademais de cordo e tecidos.

- Variedades de bidueiros: "Purpurea" é de follaje púpura. "Fastiguiata" ten forma columnar. B. Pendula ten porte chorón.

- É unha árbore que necesita luz, ata para os exemplares máis novos, non soportando vivir dominado por outras árbores.

- Prefire chans soltos, areoso-silíceos, ácidos, aos calcareos ou compactos, necesitando subchán fresco. Tolera os terreos pantanosos ou turbosos si hai variacións de nivel. Os moi secos, compactos ou calcáraos básicos exclúenlles.

- Os bidueiros son amigos da humidade,  críanse  preto dos cursos de auga e en zonas despexadas.

- Tolera ben as baixas temperaturas, pero non así as altas, nin o ambiente seco. En épocas de seca non debe deixar de regarse.

- Poda de formación: despéxase o tronco un par de metros, mantendo un único eixe.

- Poda mínima nos bidueiros adultos. Non lle conveñen pódalas severas xa que pode perder moita sabia e é propenso a enfermar polas feridas. Durante a época de repouso vexetativo retírase a madeira danada ou molesta.

- Multiplícase os bidueiros por sementes, esquexes e acodos.

- O bidueiro é difícil propagalo por estacas, pero os esquexes semileñosos con follas enraízan no verán, a cuberto, por exemplo, en invernadoiro, aplicándolle hormonas de enraizamento.


- As sementes recóllense a finais de verán. Deben plantarse xa sexa no outono ou na primavera, logo de habelas sometido a estratificación a 4ºC por uns 3 meses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com