Ir al contenido principal

Cedro do Xapón

- Nome científico ou latino: Cryptomeria japonica (L.f.) D.Don.
- Nome común ou vulgar: Criptomeria, Cedro do Xapón, Sugi, Cedro Japones.
- Familia: Taxodiadeae.
- Orixe: Chinesa, Xapón.
- Arbore de gran porte, simétrico, de forma piramidal, pouco ensanchado na súa base.
- Follas dispostas en espiral, acidulares punzantes, de cor verde brillante, tórnanse bronceadas no inverno.
- Os estróbilos son globulares e de cor pardo.
- Destaca a cor marrón que toman as súas follas no outono para despois recobrar o verdor na primavera.
- O seu coloración invernal, cando é exposta ao frío, aseméllase á que mostra o ciprés calvo (Taxodium distichum) no outono, coa vantaxe que en criptomeria elegans a mesma mantense durante case toda a estación fría.
- É un exemplar de gran destaque que se pode situar illado ou formando grupos xunto a outras coníferas.
- Ten madeira excelente, resistente, duradeira e aromática. Emprégase en construción, carpintería e ebanistería. Os xaponeses plantan esta árbore ao redor dos seus templos e utilízanos ata como árbore de aliñamento.
- Pódese propagar por sementes ou por estacas.
- Por esquexes tomados de brotes apicales no inverno. Os mesmos dan lugar a exemplares de aspecto globoso, bastante diferentes á forma orixinal, polo que sería recomendable a multiplicación a partir de sementes.

- As estacas de 5 a 15 cm de longo débense tomar de madeira verde nun estado de maduración no que se rompen ao dobralas. Póñense a enraizar en area con calor de fondo, debendo manter as estacas en condicións sombreadas e frescas. Despois de que apareceron as raíces nuns 15 días, débese proporcionar máis luz e transplantalas a macetas cando as raíces teñan uns 1.5 cm. De longo. Os tratamentos con hormonas estimulan o enraizado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.



Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.