CEIP Reibón (Moaña)

Loureiro

- Nome científico ou latino: Laurus nobilis
- Nome común ou vulgar: Loureiro, Loureiro dos poetas, Loureiro de Apolo, Laurel .

- Familia: Lauraceae.

- Orixe: é orixinario da conca mediterránea e o Caucaso.

- Árbore ou arbusto dioico, aromático.

- Pode alcanzar un gran tamaño, ata facerse unha árbore de máis de 10 m.

- Follas lisas, brillantes e de cor verde.

- Flores pequenas de cor amarela.

- Froito de cor escura.

- Hai loureiros machos, que non dan froito, e femias, que si producen.

- A folla é culinaria. Normalmente mestúranse as follas coas comidas para dar aroma, aínda que se poden facer cocións de follas soas ou mesturadas con casca de laranxa (4 gr de follas, 8 gr de cortiza de laranxa e 200 centímetros cúbicos de auga).

- Os froitos empréganse en medicina popular.

- As follas, esmagadas e postas sobre as picaduras de avespas e abellas, acóuganas; mesturadas cunha cucharada de fariña e miga de pan, rebaixa as inflamacións.

- En Andalucía a madeira do loureiro utilízase para traballos de taracea e marquetería.

- Considerado como símbolo da vitoria.

- Frecuentemente cultivado como ornamental. Emprégase en grupos, illado, setos ou como planta de maceta.

- Soporta ben a sombra.

- O Loureiro necesita protección do frío intenso. Non soporta ben as xeadas fortes.

- O loureiro é planta pouco esixente en chans, aínda que vai mellor naqueles soltos e frescos.

- Chan rico en marga e ter un bo sistema de drenaxe.

- Resiste o mar.

- Debemos regalo cando a terra presente un aspecto de sequidade e, durante o inverno, teremos que moderar a intensidade de régaa.

- Tolera ben a poda, polo que se emprega para tallalos con formas (arboriños, conos, pirámides, esferas, etc).

- Propagación: mediante sementes, esquexes, acodes ou xermolos basales.

- A multiplicación por sementes é algo lenta.

- A semente debe recolectarse en zonas onde existan pés dos dous sexos, debéndose coller só os froitos que están na planta e non os caídos ao chan, pois adoitan estar fermentados.

- A semente limpa xermola mellor que a que conserva o pericarpio seco.

- Os tratamentos de inmersión en auga da semente aumentan e aceleran a xerminación.

- O mellor será propagalos a partir de esquexes.

- Pragas e enfermidades do loureiro (Laurus nobilis).

- ENFERMIDADES.

- Socarrina.

- Follas con manchas ou zonas secas que non son por seca senón polo hongo Gloeosporium nobile.

- En casos necesarios trátase con fuxicidas de cobre ou con zineb.

- Oídio.

- PRAGAS.

- Psila do loureiro.

- É un insecto chamado Trioza laurii de cor verde e que mide 2 milímetros.

- Produce bugallas nas follas do Loureiro, repregándose nos seus bordos, onde viven as larvas de 10-15 milímetros.

- Teñen 3 ó 4 xeracións ao cabo do ano.

- Pulverización con lindano, dimetoato, malation, etc.

- Son eficaces si danse oportunamente, coincidindo coas diversas xeracións.

- Cochinillas.

- Aspidiotus hederae, Cochinilla acanalada, Pseudoccocus citri e Coccus hesperidium.

- Polilla (Tortrix).

- Son eirugas negras de 1 centímetro da volvoreta Spilonota ocellana.

- Roen as follas polo envés, respectando a epidermes do fai.


- En maio-xuño, cando se advirten as primeiras follas roídas por estas eirugas, tratar o envés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com