Ir al contenido principal

Chopo

- Nome científico ou latino: Populus alba L.
- Nome común ou vulgar: Álamo branco, Chopo branco, Álamo plateado, Álamo Afgano.
- Familia: Salicaceae.
- Orixe: Europa, Asia, norte de África.
- Habitat: No centro e sur de Europa, Asia central e norte de África, e en toda a Península Ibérica.
- Etimología: O termino "alba", refírese á cor branca da cara inferior das follas.
- Arbol caducifolio.
- Altura: 20-30 m. Diámetro: 10 m. Forma redondeada. De rápido crecemento.
- Coa súa cortiza e ramas brancas ten unha beleza única no xardín.
- Follas alternas, simples, pecioladas, as adultas con fai glabro e envés densamente branco-tomentoso, limbo moi polimorfo.
- Follas: caducas, simples, alternas, ovales ou palmeadas, de bordo dentado; cubertas no envés dunha capa densa de pelos afieltrados de cor esbrancuxada. No outono a coloración é marrón ou amarillenta.
- A floración prodúcese antes de que broten as follas.
- As flores masculinas son grandes e avermelladas e as femininas son amarelo verdoso.
- Frutificación: froito en cápsula, ovoidea e lampiña.
- Sementes cun penacho de pelos.
- A madeira úsase en imaxinería.
- Tamén se usou a cortiza para curtir e tinguir.
- Madeira homoxénea de densidade lixeira, porosa e de secado fácil e rápido; é resistente á abrasión e elástica.
- Utilízase para pasta de papel, paneis, embalaxes, contrachapado, mistos pola súa lenta combustión, carpintería, pavimentos, etc.
- Aplicacións máxicas: o Alamo branco (Eadha) correspondía á letra E no antigo Alfabeto druídico Ogham.
- As xemas e follas do álamo levábanse encima para atraer ao diñeiro.
- Cultívase como árbore ornamental, pero necesitan xardíns grandes.
- Raíces de crecemento excesivo; non plantar preto dos edificios.
- Moi usados en xardinería pola cor da súa cortiza, o contraste das súas follas e pola agradable sombra que ofrece.
- Moi utilizado como cortaventos e en camiños preto do mar.
- A variedade pyramidalis (chopo boleana) é moi apropiado para xardíns.
- Crece en chans frescos e húmidos nas proximidades dos ríos.
- Soporta ben o frío.
- Non ten grandes requirimentos en canto ao tipo de chan, podendo vivir en chans pobres calcáreos.
- Os chopos brancos poden soportar a contaminación e a influencia do mar polo que é empregado como pantalla de defensa preto do mar.
- Ademais, son capaces de crecer nun chan areoso costeiro soportando eventuais encharcamentos por auga de mar no seu sistema radicular.
- É unha das especies máis resistentes a situacións difíciles e comprometidas.
- Admiten podas enérxicas para reducir a molesta floración para persoas alérgicas.
- Ten varias pragas e enfermidades: Saperda, Mosca branca, Oidio.

- Multiplícase por esquexes e por renoves que brotan abundantemente ao redor dun pé adulto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





APRENDEMOS A CATALOGAR

Os axudantes de Rufina aprenden a catalogar os libros da biblioteca.



Proposta para as familias lectoras

Por fin chega a primeira proposta para as familias lectoras.
A ver como vos resulta.